Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘traballo’

SOBREVIVINTE

Realmente, xa non sei se no galego normativo de agora se escribe así ou supervivinte ou doutro xeito. Realmente, hoxe non tiña pensado escribir no blog. Pero voilà.

a caída da folla

Setembro, durante boa parte da miña vida, significou a vendima; o arrecendo dos libros novos; mochila e estuche a estrear; ceras plastidecor novas e bolígrafos de cores. Nunha fase posterior, setembro equivaleu a exames, estrés e unha semana sen durmir. Cando me fixen boa alumna, este mes simplemente supuxo unha canción de Los Enemigos (que Deus os teña na gloria, amén).

Por sorte ou por azar, nunca tiven setembro de vacacións. Sempre xullo ou agosto, ao completo. Si. Este ano, sen embargo, tocoulle. O mes en si non me disgusta. O problema, o gran problema, é que hai que chegar a el. É dicir, hai que soportar traballando xullo e agosto nunha empresa na que durante o verán hai o mesmo traballo ca no resto do ano pero coa metade da xente porque o outro 50% está “de férias” como din os portugueses. Vale, nestes tempos que corren, con medio país no paro, hai que dar grazas de manter o emprego. Dou grazas e que siga a racha, pero lamento que ás veces este tirar do carro da empresa acabe coa miña saúde mental.

Hai anos, ata que cheguei ao meu novo destino, non entendía esas estatísticas que aseguraban que os españois estamos entre os europeos que máis horas traballamos pero tamén entre os menos produtivos. Para min, era unha contradición. Como é posible? Agora que levo dous anos neste posto, xa o entendo. Vaia, se o entendo. Hoxe, por exemplo, tiven que refacer o meu traballo ata catro veces porque o xefe de turno primeiro o quería así; despois asá; logo asolá; e por último aselí. Total, que puiden ter saído dúas horas antes se non fora por tanto cambio, por tanta dúbida. Pero o peor é que isto estase a convertir nunha rutina. Como tamén xa é unha rutina pedir cousas imposibles. Por exemplo, ocorréselle facer algo que require unha ou dúas horas de traballo cando estás acabando a xornada laboral e ninguén está disponible. Non se lle ocorre a media mañá, non. Ocórreselle cara o final.

Non tiña pensado falar disto pero cando acabei de traballar falei cunha amiga que me convidou á súa casa para que contara todo isto (pero con máis detalles) Dixen que non, que prefería ir rumiar á casa. E, cando cheguei, pensei, mellor rumio no blog, que para iso está. E agora, que xa rumiei, síntome máis forte para chegar a SETEMBRO, síntome como din os Maná unha combatente.

Soy combatiente, sobreviviente, yo, lo que no me mató, me fortaleció (…) Somos en serie fabricados, como unos clones programados, siempre imponiendo que pensar, que joder, que amar, que rezar, que pisotear”

PD: O vídeo collinno prestado do YouTube de Octavio Tisera.

Read Full Post »