Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘oporto’

MAUS HÁBITOS

Estou de volta e para deixar constancia ante min mesma da andaina de fin de semana, escribo este post. Non houbo Tour of the Universe pero valeu a pena baixar a Oporto. Panorámica de PortoDesde hai anos, unha das cousas que máis me gustan da vida é chegar alí, á ribeira e ir andando ata Vilanova da Gaia. Dede alí, é unha gozada ver unha posta de sol. Oporto lémbrame ás fotos antigas de Vigo, do Berbés, lémbrame a unha cidade do pasado que uns cantos destrozaron e seguen a destrozar.

Desta vez, baixar a Oporto serviu para coñecer un sitio orixinal. Maus Hábitos é o cuarto andar dun edificio preto do Coliseo. Alí, desenvólvese un “espaço de intervençao cultural” (www.maushabitos.com) que abre día e noite. É como unha casa con moitos pasillos e habitacións nos que pululan seres da noite en procura de conversa e música, cun patio ao aire libre incluido, con macetas, flores e barra. Pola noite, na do sábado, había exposicións, unha concerto e bebida. Moi boa a caipirinha, por certo. Despois do directo, sesión DJ. Había tempo que non bailaba tanto. Funky, funky!!!! A noite alongouse máis do que agardaba. Había temo que non chegaba tan, tan tarde de marcha. Non obstante, no corazón, continúa a mágoa por non ver a Depeche.

depeche-cartazSerá posible velos algún día? Non desesperarei. Dave, agardo por ti.

De todas as formas, gracias á cancelación de Depeche houbo máis tempo para ir de adegas, para beber a peor sangría da miña vida na Taberninha do Manel en Vilanova da Gaia e para coñecer un restaurante hindú, Sitar, tamén en Gaia na Avenida Ramos Pinto, 244. Moi recomendable. Comida exquisita, ben de prezo, boísima atención. O malo, quizais, a música ambiente un pouco hipnótica se vas cenar ás 12 da noite. Non obstante, repetiría unha vez máis. Espero non tardar. De todas formas, ao longo da miña vida decateime que por unha cousa ou outra, finalmente, os camiños conducen a Oporto

que lindo

Read Full Post »