Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘nenos da rúa’

Foto: Oscar Dacosta

Levan xa uns días os reporteiros Roi Palmás e Óscar Dacosta dando razón de Kiev e da súa vida, así como da axuda humanitaria da Asociación de Solidaridad de San Roque, colectivo que enviou material, medicinas e axuda a nenos nos orfanatos de Kiev. Para dar conta desta axuda humanitaria, os dous reporteiros de Agareso marcharon a Ucrania.

No seu último post, falan dos nenos na rúa na capital e do labor da asociación Ukranian Center for Christian Cooperation. Neste colectivo, traballan 17 persoas que axudan os meniños da rúa, a rapaces con doenzas de Chernóbil e pequenos en familias desestructuradas. Un dos seus proxectos principais é darlles agasallos no Nadal; outro, un campamento de verán.

Explica un dos voceiros do Center for Christian Cooperation que os nenos da rúa recluídos en orfanatos fan todo o posible por fuxir. Actualmente, procuran pisos de alcohólicos ou drogadictos dos que se fan amigos. O aluguer páganllo comprando comida, alcool, co diñeiro que rouban. A maioría destes cativos son nenas de seis a 14 anos. Cando lle preguntan a que se deben que a maioría sexan nenas, responde que “porque moitas nais as venden para prostituilas e acaban Así”.

Noutro post anterior falan de Vlad, un neno que ten agora nove anos e que desde hai tres vive na normalidade. Antes, foi testemuña de maltratos continuos na casa, viu como se prostituía a súa nai, sufriu o alcoholismo dun familiar… Desde hai tres anos foi adoptado.

Outra historia é a de Vera, con 23 anos, un día saltando dun tren perdeu un pé. Agora, xa non está enganchada ó pegamento nin bebe. Agora axuda a nenos que pasaron pola súa situación.

Simplemente, convido a darse un paseo por este blog para non esquecer de que está feito este mundo e do pouco que podemos contribuir a cambialo se colaboramos con asociacións que traballan a favor dos desfavorecidos.

Read Full Post »