Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘mulleres’

A miña vida tropezou con Peter Pan hai algo máis dun mes. Foi o azar o que quixo que lle preguntara algo por cuestión do meu traballo. (“Ollos bonitos”, pensei). Esquecera que o vira cando varios días despois o volvín atopar tamén por cuestión de traballo. Desta vez, recoñeceume el. Eu, daquela, aínda de luto total pola relación anterior, non me enteraba de nada, nin de se chovía ou facía sol. Falamos. Nun intre esquecín onde estaba, porqué estaba alí, para que fora alí e o que tiña que facer. Estaba perdida nas súas pupilas. Logrei o seu e-mail cunha excusa coa que nestes momentos aínda me dá a risa. Non lle escribín. Aínda non tiña nada que comentarlle. Ao día seguinte, na festa aniversario do Twenty, atopeino a uns minutos de marchar. Alí estaba. Unha cantas frases e baixei a garda. Recoñezo que bebera un pouco.

PAN

A partir de aí, xornadas de subidas e baixadas de humor ata que me decatei que Peter Pan non era para min. “Yo no trabajo porque no me hace falta”, espetou.Case se me atragantou o sandwich. Buff. Primeiro sinal de alarma. E despois deses chegaron outros. Peter Pan está sempre “permanentemente enamorado” de todas; é incapaz de quedar a unha hora fixa; vive en casa “de papi y mami” (sic); metéuselle na cabeza estudar na universidade unha enxeñería o vindeiro curso tras facer tres FP; e ten 32 anos, no DNI. Ensinoumo, porque non o cría (a súa idade mental está moi, moi, moi por debaixo). Souben que non sería o meu amigo, que de pouco tiñamos que falar, que non podía confiar nel. Quedar era case misión imposible. Eu non podo, ti non podes, agora el pode, ti non podes, agora el non pode, ti si podes… Decidín darlle o finiquito por e-mail, tras varios días sen pistas e sen gañas de falar por teléfono cunha persoa coa que realmente non tiña nada. Non me ía o seu rollo, non me deixaba coñecelo e eu tampouco quería que me coñecese moito.

((((((dEsTiNooooooooooooooooooo))))))

Pensei que morrera o conto ata que o destino quixo que unha noite á volta dunha cena na casa duns amigos, coincidiramos os dous no mesmo semáforo. Eu, no coche. El, na Vespa. Faloume de vivir a vida, de aproveitar o momento… Recaín e hai unha semana recaín aínda máis autopreguntándome cando remataría con isto, mentres el me reprochaba que pasaba del, que era demasiado independente (ehh?). Non entendía nada. “Volvemos a vernos?”, preguntou Peter Pan antes de marchar pola porta. “Deixémolo nas mans do destino”, respondín. Non lle pareceu moi ben. “Llámame tú”, dixo. “No, tú a mí”, contestei. Accedeu cunha mueca que non daba moita confianza. Acertei.

Peter Pan segue no seu mundo de Nunca Xamais nocturno. Eu, no real. Dous mundos xa sen contacto. O destino é sabio e non me arrepinto de nada pero, por favor, non máis tipos como este…

Read Full Post »