Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘FIB’

ROCK & INDIE

Ogallá me puidera teletransportar. Acabo de chegar a casa e en Radio 3 están a tocar The Killers. FIB. Benicassim. Este ano era redondo ata que o sábado se lles levantou un aire de 70-80 km/h e alá foron as tendas de campaña e varios escenarios. Que tempo de tolos. Os Planetas, creo, tocaron hoxe e agora xusto neste momento eles, os amos do planeta indie, The Killers (Escoitei de momento Mr Brightside, Bones e Jennys a friend …). Gustaríame tanto estar alí… Bueno un dos asistentes ao FIB foi a urxencias aqueixado de gripe. Pensaron que tiña a gripe A e empezaron a facerlle probas e o pobre chaval ante o medo de perderse os The Killers e a traca final do festival, fuxiu do hospital. Eu faría o mesmo. Como? Perderme os The Killers? Como diría Amy: nou, nou, nou

Bueno, como non pode ser que estea alí e tampouco hai que sentir mágoa dunha mesma e mortificarse por un imposible, como mañá empeza unha nova semana, e hai que escomezar en positivo aínda que o día hoxe fora así-asá, comezo a soñar co concerto de Franz Ferdinand no Paredes de Coura a finais de mes. O día 30 se non lembro mal. As críticas do FIB auparon ás estrelas a súa actuación.

franzPresentaron o seu último disco, “Tonight”, no que convidan a bailar ata expulsar a última gota de suor do corpo. Agardo ansiosa por oílos. Anos atrás, cando estiveran por Vigo, non puidera ir velos porque estaba fóra e agora non penso quedarme sen eles outra vez. Xa pedín o día no traballo. E xa o teño!!!!!

Por outra parte, o venres cumprín outro gusto que tiña desde había tempo. Ver aos Keane. Encantáronme. Acabaron o concerto cunha versión do “Under pressure” de Queen. Tom (o cantante) marcouse un solo formidable. Estaba tan contento. Como pode ser que unha persoa coa súa vitalidade, con esa enerxía puidera caer tanto hai uns anos atrás, podre de bebida? Esta está sendo a súa primeira xira cun guitarra eléctrica e séntalle tan ben e temas como Spiralling sonaron tan ben… Quero repetir!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

keane1

foto de J. Lores

Tom dixo ao final do concerto que ben sabía que tardaran moito en vir a Vigo e que esperaba non tardar tanto para a súa segunda vez. Para a próxima, mesmo botará algunha parrafada en galego xa que desta vez soltou varios graciñas (con boa pronuncia do ñ) e como estades? en galego).

Read Full Post »