Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘xornalismo solidario’ Category

Foto: Oscar Dacosta

Levan xa uns días os reporteiros Roi Palmás e Óscar Dacosta dando razón de Kiev e da súa vida, así como da axuda humanitaria da Asociación de Solidaridad de San Roque, colectivo que enviou material, medicinas e axuda a nenos nos orfanatos de Kiev. Para dar conta desta axuda humanitaria, os dous reporteiros de Agareso marcharon a Ucrania.

No seu último post, falan dos nenos na rúa na capital e do labor da asociación Ukranian Center for Christian Cooperation. Neste colectivo, traballan 17 persoas que axudan os meniños da rúa, a rapaces con doenzas de Chernóbil e pequenos en familias desestructuradas. Un dos seus proxectos principais é darlles agasallos no Nadal; outro, un campamento de verán.

Explica un dos voceiros do Center for Christian Cooperation que os nenos da rúa recluídos en orfanatos fan todo o posible por fuxir. Actualmente, procuran pisos de alcohólicos ou drogadictos dos que se fan amigos. O aluguer páganllo comprando comida, alcool, co diñeiro que rouban. A maioría destes cativos son nenas de seis a 14 anos. Cando lle preguntan a que se deben que a maioría sexan nenas, responde que “porque moitas nais as venden para prostituilas e acaban Así”.

Noutro post anterior falan de Vlad, un neno que ten agora nove anos e que desde hai tres vive na normalidade. Antes, foi testemuña de maltratos continuos na casa, viu como se prostituía a súa nai, sufriu o alcoholismo dun familiar… Desde hai tres anos foi adoptado.

Outra historia é a de Vera, con 23 anos, un día saltando dun tren perdeu un pé. Agora, xa non está enganchada ó pegamento nin bebe. Agora axuda a nenos que pasaron pola súa situación.

Simplemente, convido a darse un paseo por este blog para non esquecer de que está feito este mundo e do pouco que podemos contribuir a cambialo se colaboramos con asociacións que traballan a favor dos desfavorecidos.

Read Full Post »

Internet, malia os seus detractores, ten a maxia de colocarnos no mundo, de traernos á casa a mensaxe máis silenciada e de abrirnos os ollos ante as conspiracións dos ricos contra os pobres. A través do e-mail, chegoume unha entrevista a Teresa Forcades, unha monxa benedictina e médico especialista en medicina interna, na que informa sobre as irregularidades na declaración da gripe A como pandemia global e na chegada do virus, ao tempo que dá o seu consello de non vacinarse contra a gripe A. Na información, tamén alerta sobre as posibles consecuencias que pode ter a vacina no corpo humano afectando ao sistema nervioso. As súas declaracióna baseánse en estudios, investigacións e consideracións de revistas de prestixio así como sindicatos e colexios de enfermeiras de diferentes países.

Na entrevista, Forcades lembra como os dous primeiros casos de gripe A/N1H1 foron rexistrados en California o 17 de abril de 2009. Varios meses antes (en febreiro de 2009), tivera lugar un feito máis que curioso. A farmacéutica Baxter (por certo, unha das que está a elaborar a vacina) comezaba a distribuir uns 72 quilos de vacina contra a gripe estacional da pasada tempada. Estes 72 quilos repartíronse a laboratorios de Austria, Alemania, Eslovenia e República Checa.

Nun dos laboratorios deste último estado, un dos técnicos decidiu de xeito autónomo realizar probas extra de seguridade das vacinas antes da distribución das mesmas. Estas probas de seguridade non son obrigatorias e poden ser realizadas polo persoal se así o consideran. Como proba, enténtese a inoculación da vacina en comadrexas. O técnico levou unha das sorpresas da súa vida ao constatar que as comadrexas morreran trala vacina. En ningún caso, unha vacina pode causar a morte destes cobaias así que saltou a alarma e realizouse unha análise para ver o que contiñan. No material, coexistían virus vivos de gripe aviar e gripe estacional. Dáse a coincidencia que o mesmo ocorre na gripe A ou gripe nova (chamada meses atrás gripe porcina).

Estes datos apareceron nunha reportaxe asinada por Jane Bürgermeister e foron corroborados por Baxter que ata o día de hoxe non explicou o porqué desta irregularidade.

Engade Forcades que se ben os primeiros casos de gripe A saltaron o 17 de abril doce días despois a directora xeral da OMS Margaret Chan, declaraba o estado de alerta mundial 5, na antesala dunha pandemia. Hai que lembrar que o nivel 6 é o propio da pandemia que foi decretado en xuño de 2009. Forcades lembra que hai un consenso xeral dos especialistas médicos sinalando que a mortandade da gripe A é menor ca da gripe estacional. Logo, como é posible que a OMS declarara unha pandemia con tan pouco número de mortes? Porque no mes de maio, a OMS decidiu modificar a definición de pandemia. Ata ese mes, pandemia era “infección por un axente contaxioso simultáneo pero en diferentes países e cunha mortandade significativa”. Desde maio, a definición de pandemia non inclúe o da mortandade significativa.

Coa declaración de pandemia, a OMS ten a facultade de realizar ordes aos países para intentar loitar contra a expansión da doenza e loitar contra ela. Unha desas ordes é a de vacinar ao maior número de poboación posible. Nestes momentos, estase a especular coa posibilidade de que haxa unha orde de vacinación obrigatoria.

A vacinación obrigatoria, para Forcades, pode resultar máis nociva ca doenza en si. Por que?

Para este ano, a OMS recomenda vacinarse contra a gripe estacional (unha dose) e contra a gripe A (dúas doses). En total, serían tres doses. Recibir tres doses fronte a unha “multiplica” os efectos secundarios que poidan te-las vacinas; efectos secundarios que, de momento, non se coñecen con certeza.

O sindicato nacional de enfermeiras de Francia denunciou recentemente que as farmacéuticas están empregando na vacina da gripe A un coadxuvante (coadyuvante, en castelán) diferente ao empregado ata agora. O coadxuvante é o que multiplica a resposta inmunitaria do corpo fronte ó virus. Este novo coadxuvante, denuncia o sindicato, non fora nunca probado nunha vacina contra a gripe e multiplica por 10 a resposta inmunitaria.

Denuncia tamén o sindicato que a vacina da gripe A leva menos antíxenos. Conclusión? A vacina contra a nova gripe provoca menos excitación natural do sistema inmunitario e máis excitación artificial. Ninguén sabe que consecuencias terá pero non descartan fontes médicas que nalgúns casos poida provocar parálise ascendente como xa a provocara unha vacina contra a gripe estacional en EStados Unidos no ano 1976.

Ó chegarmos a este punto, pódese pensar que se está creando unha alarma innecesaria. Forcades engade que as compañías farmacéuticas están chegando a acordos coas autoridades para obter unha exención legal ante posibles consecuencias da vacina contra a gripe A amparándose en que se lles pediu un esforzo extra á hora de elaborar inxentes cantidades de doses de vacinas. En Estados Unidos, xa se asinou esta impunidade pola cal se tes unha reacción adversa ou se mesmo morres a causa da vacina non poderás pedir compensación económica á compañía.

Aquí é onde xorde unha cuestión. Se a casa Baxter en febreiro deste ano dispoñía dunha partida contaminada de vacinas para a gripe estacional do momento, como é posible que se poida confiar agora nela para que fabrique vacinas para a gripe A e nolas distribúan entre nós?

Forcades sostén que se aquel técnico checo non fixera a proba daquela vacina coas comadrexas, a día de hoxe si teriamos unha verdadeira pandemia. Forcades tamén quere que reflexionemos sobre as últimas noticias avisando dunha posible mutación da gripe A para este inverno e, polo tanto, aconsellando a vacinación. Esta médico lembra que a gripe estacional, a de todos os anos, non nutou nos últimos 70 anos. Logo, por que ía mutar este ano? E no caso de que mutase, a vacina xa non serviría para o novo virus.

Tendo en conta todo o anteriormente exposto e moitas cousas máis (é case unha hora de entrevista) Forcades propón que non se obrigue a ninguén a vacinarse senón que cada un sexa libre de tomar a decisión. Como segunda demanda, pide que no caso de que a persoa queira vacinarse si teña o dereito de indemnización no caso de consecuencias realmente adversas contra a súa saúde. Por iso, pide que nos informemos sobre o tema, que sexamos responsables e fagamos chegar esta información ao maior número posible de persoas. É pola nosa sáude.

Este é resumo da entrevista. Para quen queira estar máis documentado pode vela en:

-i4jvxVlma0

Tamén máis información na canle de YouTube wekelandia. Onde aparece o documental completo.

Read Full Post »

Unhas das cousas que máis me gustaba dos domingos á noite do outono-inverno pasado era sentarme diante do televisor co meu ex para ver Pekín Exprés, o programa de Cuatro. Na primeira edición, varias parellas debían, por etapas, percorrer unha ruta desde Rusia ata Pekín cun só euro ao día.

Era curioso ver a estas persoas intentar comunicarse con xente que non tiña idea do seu idioma e acertar o que lles estaban dicindo. Era curioso velos esforzarse ao máximo para continuar co soño de seguir na aventura. Recoñezo que chorei cando unha das xemelgas admitiu que tiña cáncer.

Tamén recoñezo que estaba agardando o retorno do programa que desta vez lévaos de Pekín á India polo Himalaya. Perdinme o primeiro capítulo pero o domingo pasado vin o segundo e a decepción foi total. Imaxino que quen fixo o casting buscaba máis xente para Gran Hermano que para Pekín Exprés. Como é posible que se escolla para un programa no que ás veces tes que durmir baixo as estrelas, estar ata seis días sen ducharte ou máis de 24 horas sen comer a xente que non pode pasar un día sen maquillarse ou que non concibe como proba buscar unha escultura na terra?

A sorpresa moi máxima cando vin como dúas concursantes se negaban a facer unha proba porque non querían arañarse as pernas porque “mi cuerpo es mucho más importante que este programa”. Se tan importante é, por que vai en pantalón corto? Ese comentario podería pasar. O que xa non aturei foi cando unha delas comezou a facer xestos obscenos contra a cámara. Eu, como espectadora, que culpa teño da súa mala leche? “Esperaba más de Pekín Exprés”, dixo. Que agardaba?

Outra parella de homosexuais tiveron unha discusión a bordo dun coche de chineses que os levaban. Nun momento, pediron que pararan, baixáronse do coche berrando e con portazo incluido -dun coche que non é seu- e dixeron adiós e thank you mentres o os seus chinés-conductor se baixaba con cara de non comprender nada. Que falta de educación! Que culpa tería o chinés dos seus problemas de parella?

Con este panorama decidín pasar da televisión á internet. Nesta última, tiven coñecemento doutra viaxe máis interesante. Cinco xornalistas de Agareso, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios atopábanse o pasado día 22 en Nicaragua coa fronteira de Honduras pechada, destino ao que se dirixían. Neste último país, decretárase o toque de queda pola estadía do ex presidente deposto, Celaya, na embaixada brasileira en Tegucigalpa. Conta Estrella López como os reporteiros pasaron ás súas na fronteira que lograron cruzar un día despois afrontando problemas de infraestruturas que descreben no blog

agaresogolfodefonseca.blogspot.com

Os cinco xornalistas atópanse no Golfo de Fonseca para visitar distintas comunidades de pescadores e rexistrar os plans realizados por Cooperación Galega e Amigos da Terra na zona realizando entrevistas, reportaxes e gravando para un documental. A súa aventura continúa e se queredes seguir o seu rastro podedes no blog ou na web http://www.agareso.net. Prefiro esta viaxe á de Pekín Exprés.

Read Full Post »