Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘traballo’ Category

SOBREVIVINTE

Realmente, xa non sei se no galego normativo de agora se escribe así ou supervivinte ou doutro xeito. Realmente, hoxe non tiña pensado escribir no blog. Pero voilà.

a caída da folla

Setembro, durante boa parte da miña vida, significou a vendima; o arrecendo dos libros novos; mochila e estuche a estrear; ceras plastidecor novas e bolígrafos de cores. Nunha fase posterior, setembro equivaleu a exames, estrés e unha semana sen durmir. Cando me fixen boa alumna, este mes simplemente supuxo unha canción de Los Enemigos (que Deus os teña na gloria, amén).

Por sorte ou por azar, nunca tiven setembro de vacacións. Sempre xullo ou agosto, ao completo. Si. Este ano, sen embargo, tocoulle. O mes en si non me disgusta. O problema, o gran problema, é que hai que chegar a el. É dicir, hai que soportar traballando xullo e agosto nunha empresa na que durante o verán hai o mesmo traballo ca no resto do ano pero coa metade da xente porque o outro 50% está “de férias” como din os portugueses. Vale, nestes tempos que corren, con medio país no paro, hai que dar grazas de manter o emprego. Dou grazas e que siga a racha, pero lamento que ás veces este tirar do carro da empresa acabe coa miña saúde mental.

Hai anos, ata que cheguei ao meu novo destino, non entendía esas estatísticas que aseguraban que os españois estamos entre os europeos que máis horas traballamos pero tamén entre os menos produtivos. Para min, era unha contradición. Como é posible? Agora que levo dous anos neste posto, xa o entendo. Vaia, se o entendo. Hoxe, por exemplo, tiven que refacer o meu traballo ata catro veces porque o xefe de turno primeiro o quería así; despois asá; logo asolá; e por último aselí. Total, que puiden ter saído dúas horas antes se non fora por tanto cambio, por tanta dúbida. Pero o peor é que isto estase a convertir nunha rutina. Como tamén xa é unha rutina pedir cousas imposibles. Por exemplo, ocorréselle facer algo que require unha ou dúas horas de traballo cando estás acabando a xornada laboral e ninguén está disponible. Non se lle ocorre a media mañá, non. Ocórreselle cara o final.

Non tiña pensado falar disto pero cando acabei de traballar falei cunha amiga que me convidou á súa casa para que contara todo isto (pero con máis detalles) Dixen que non, que prefería ir rumiar á casa. E, cando cheguei, pensei, mellor rumio no blog, que para iso está. E agora, que xa rumiei, síntome máis forte para chegar a SETEMBRO, síntome como din os Maná unha combatente.

Soy combatiente, sobreviviente, yo, lo que no me mató, me fortaleció (…) Somos en serie fabricados, como unos clones programados, siempre imponiendo que pensar, que joder, que amar, que rezar, que pisotear”

PD: O vídeo collinno prestado do YouTube de Octavio Tisera.

Read Full Post »

Sen verbas

Os medios de comunicación, o cuarto poder, están dos nervos. Máis ben os seus xerentes e propietarios. Tras amasar diñeiro ano tras ano, botan man das tiseiras para aínda amasar máis a costa dos traballadores. Nestes últimos días, unhas compañeiras do sector están a sufrilo co despido de oito mulleres por parte da xerencia de Faro de Vigo, o diario decano da prensa estatal. Velaquí o noso apoio total coa publicación dunha nova de http://www.xornalistas.org para que lles saian as cores aos responsables desta desfeita.

A PARTIR DO VINDEIRO LUNS REALIZARÁNSE ACCIÓNS DE PROTESTA

Faro de Vigo despide a oito traballadoras, incluída unha delegada sindical

[10/07/2009] O pasado 7 de xullo Faro de Vigo despediu a oito traballadoras das seccións de Peche, Devolución e Central. A Inspección de Traballo e un xulgado de Vigo obrigaron á empresa hai máis dun ano a regularizar a cinco destas traballadoras, ás que recolocou nas seccións de Peche e Devolución. Logo de facer valer os seus dereitos laborais, agora ponas na rúa cunha media de 30 anos na empresa.

A unha traballadora de Central, con 48 anos de antigüidade, despídea meses logo de rexeitar unha oferta para se prexubilar. Tras toda unha vida na prensa vaise cunha indemnización de 20 días por ano traballado. Outra compañeira de Central, delegada sindical, foi despedida e o xerente chamou á policía para desaloxala do seu posto de traballo.

As traballadoras recorrerán ante a xustiza o que consideran despedimentos improcedentes e co apoio dos sindicatos (CC OO, CIG e UXT), os comités de empresa de Faro de Vigo e Celta de Artes Gráficas e compañeiros e compañeiras protagonizarán accións de protesta a partir do próximo luns ante as oficinas do xornal na rúa Uruguai, así como nas dependencias do diaro en Chapela.

O comité de empresa esixe a Faro de Vigo a readmisión das traballadoras despedidas.

COMITÉS DE EMPRESA DE FARO DE VIGO E CELTA DE ARTES GRÁFICAS

Read Full Post »