Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Single’ Category

outubro 005

Tracei sen querelo unha liña que parte do corazón e que toma o rumbo leste debuxando un segmento de 24.000 metros entre auga, sal e verde. Ó remate desta liña hai un corpo xeométrico cuberto por unha circunferencia da mesma materia das elípticas que protexen Saturno. A circunferencia é gaseosa, brillante pero desgraciadamente real por moito que os ollos baixen a boca suban ós ollos e volvan descender ós beizos. Cando os iris se atopan e se alonxan, o corazón tece liñas de electricidade entre axóns e células de Schwan.

É doado de máis pensar que esa liña é en realidade un segmento con principio e fin e que os dous extremos, ó unísono, quixeron que fora así de curta e de longa, de doce e de salgada. Pero cando os axóns me permiten recapacitar décatome de que é simplemente unha entelequia miña, malia o meu pesar. Ti que tes que dicir de todo isto?

outubro 001

“Que espectáculo!”, repetiches na mañá clara mentres os cabalos paseaban na praia. Agora repaso palabra por palabra e á mente veñen os Tribalistas e a súa “Velha Infância”……..Eu gosto de você, um sonho para mim (…) eu penso em você…”

Read Full Post »

O silencio do ligoteo

A comunicación nas cidades faise cada vez de xeito diferente. Ata os graffiti ou intervencións na rúa serven para falar. En Vigo ultimamente, proliferan estas mensaxes nos pasos de peóns que axudan a que o cerebro non esqueza que debe pensar. “Podrán cortar todas las flores pero nunca acabarán con la primavera”, di.

sen título

Asevera o escritor e xornalista galego Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978) no seu libro A estación violenta que “fomos unha desas xeracións desposuídas romanticamente das esixencias da vida”. É dicir nós non tivemos que loitar tanto como os nosos antergos contra a vida mesma para vivir. Alo menos eu enténdoo así. Sen embargo, esa “vida doada” estase tornando contra nós no relativo ás relacións sociais e interpersoais. Xa non se liga como antes, non.

Hai uns meses, noutro blog do blogomillo galego (aínda que non estea en Blogaliza) -singlesvigo.blogspot.com- falabase do speed dating en vigo na crepería da rúa Real. Esta tarde, na clase de conversa de francés, entereime que o speed dating xa non está en boga. Agora, xa hai outra maneira de ligar máis do pincho como dirían os mariñeiros.

Achácaselle ao speed dating que é “forzado”, que non dá tempo de coñecer á outra persoa… O speed dating obriga a iniciar unha conversa cunha persoa en pouco máis de cinco minutos, sentando nunha mesa a unha rapaza e a un rapaz descoñecidos. O novo modelo de ligoteo aposta por todo o contrario: coñecerse sen falar. Leva o nome de “quiet party” -festa silenciosa- ou “silent dating” -cita silenciosa-.

No “quiet party”, os participantes non poden nin falar nin emitir sons. Para comunicarse, teñen que empregar a comunicación non verbal ou escribir. Eu quedo abraiada de como o ser humano reinventa as cousas. Ao chegar á casa, por suposto, busqueino na Wikipedia e alí conta que as “silent dating parties” naceron como eventos nos pubs co gallo de que os asistentes puidesen socializar. Os enxeñeiros de tan estrano invento foron dous artistas que no 2002 e en New York quedaron fartos de non poder falar entre sí nos clubs debido á música alta e o ruído das conversas. Para loitar contra o bruído, ocorréuselles comunicarse por papeliños. A cousa foi mudando ata convertirse nun novo modo de ligoteo. A arte e o silencio ó servizo de ligoteo. Haberá en Galicia algún lugar para experimentalo? Ligar non sei se se ligará, pero uns risos si que se botarían.

Read Full Post »

Recomezo

peter 063

Foi hai seis meses cando decidín soltar amarras do teu peirao. Neste tempo, permanecín en contacto vía ondas electromagnéticas con escasísimas visitas miñas ao teu embarcadoiro ou túas á miña cuberta.  Desde hai un tempo, a dor agudizárase. Preguntaches porqué e asegurei non saber cando realmente sei de máis. Onte, decateime de que á pesar de soltar amarras, o meu navío apenas se movera, oscilando simplemente no mesmo sitio onde estivera. E así foi como me decatei de que había que elevar a áncora. E decidín elevala e agora agardo a iniciar o movemento, a comezar a travesía paseniño.

Read Full Post »

Older Posts »