Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘denuncia social’ Category

Folga xeral?

Tremo. Hai unha ameaza que nada ten de pantasma. Folga xeral, din. E eu pregunto, agora? Agora, que é demasiado tarde, agora que levan dous anos sen dicir ren os sindicatos do que está a acontecer, dándolle o beneplácito a este goberno que só ten palabras, este goberno que non é capaz de xestionar. Que desilusión de goberno, que desilusión de sindicatos.

Si, sindicatos, os mesmos que ollan para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cumpren os horarios, que non se aboan as horas extras, que durante anos estiveron pagando de menos na paga de beneficios. Os mesmos sindicatos que olla para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cobren as baixas duren o que duren infrinxindo lei e convenio colectivo. E agora eses sindicatos queren folga xeral. Por que non se convocou antes?

Tan ben foron as cousas nestes últimos dous anos? Realmente, eses sindicatos buscan o mellor futuro dos traballadores ou o mellor futuro para eles mesmos?

E nós, traballador@s, calamos porque xa hai tempo que sabemos que por moito que berremos non se vai oí-la nosa voz. Quen, hoxe en día, se atreve a denunciar ante Inspección de Traballo á súa propia empresa? Quizais os que foron despedidos ou os que están a piques de prexubilarse. Pero, o resto debemos achantar, tan ávidos estamos de ter un emprego, de cobrar a fin de mes que a denuncia queda só nunha palabra nun diccionario sen que exploremos na vida real o seu significado. Resultamos patétic@s. E os sindicatos non axudan.

Agora, para min, non é o momento. Agora, non. Debeu ser moito antes.

Read Full Post »

Pois si, este blog de hoxe non vai ir de palabrería senón de feitos e… cartos. Os ricos sempre saben como rouba-los pobres.

Desde xaneiro deste ano, a compañía R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA vén cobrando de máis nas facturas a un gran número dos seus clientes. Amparándose en que? A empresa comunicou que en xaneiro de 2010 modificou as condicións contractuais. Serei máis concreta. Aqueles que contrataramos antes desa data o servizo de 500 minutos gratis ó mes a tódolos móbiles, tiñamos 500 minutos gratis. Sen embargo, dende xaneiro, a empresa decidiu -sen previa consulta ós clientes- que nos daría 300 gratis a móbiles sen importar a operadora e 300 gratis a móbiles R. Polo tanto, se superas os 300 minutos en chamadas a móbiles Vodafone, Movistar… a compañía cóbrache as chamadas que sobrepasen ese límite.

Chegados a este punto, non queda outra que consultalo coa empresa e a través do teléfono din que teñen todo o dereito de cambiar as condicións do contrato cando e como lles veña en gaña porque hai unha cláusula no contrato que o estipula así. Engaden tamén que se non estás de acordo… xa sabes. Agregan que enviaron un papel informando das novas tarifas e que tamén nos puxeron ó tanto na entrevista mensual que regalan. ¿¿¿¿????

O paso posterior leva un enderezo claro: Instituto Galego de Consumo (teléfono 900 231123). No organismo autonómico explican que os de “R” trabúcanse. Por riba da cláusula antes citada no contrato, existe unha lei que deixa claro que calquera empresa que queira modificar o contrato cunha parte deberá facerlle chegar a esta unha proposta de novo contrato.

O cliente poderá dicir si ou non á mesma. Se di si, como acepta as condicións, o contrato vello queda extinguido. Se di non, poden ocurrir dúas cousas. Primeira, pode abandona-la empresa sen perxuízo ningún. Segunda, pode seguir pero COAS CONDICIÓNS DO CONTRATO ANTERIOR.

Ante tal explicación, só xorde unha alternativa para facer vale-los dereitos, os poucos que como consumidores temos: Folla de reclamación e paciencia.

Venceremos

Read Full Post »

Ante o temor de que un anteproxecto de lei afecte á liberdade de expresión nestas páxinas dos blogs limitando o dereito de acceso á información, a cultura e á internet a comunidade blogueira española uniuse para celebrar diversas concentracións nas súas cidades contra as pretensións do Goberno do Estado Español.

A hora, 20.00 horas de HOXE

No caso de Vigo, na praza do Rei

A Coruña. Praza de Ourense, fronte á Subdelegación do Goberno

Santiago. Fronte á SGAE, rúa Das Salvadas, 13

Ourense. fronte á subdelegación do Goberno, Parque San Lázaro

O manifesto que apoiamos podédelo atopar en Blogaliza

Read Full Post »

Older Posts »