Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xuño 2010

Nada

Non hai indicios de nada. A imaxinación correu diante durante un tempo da man da fantasía. Agora é o momento de abandoa-la nube. As cousas son como son. Non hai que lamenta-lo que non pasou se ti fixeches que non pasara. Para a próxima, a cuestión será a mesma: debe un equivocarse?

Read Full Post »

Folga xeral?

Tremo. Hai unha ameaza que nada ten de pantasma. Folga xeral, din. E eu pregunto, agora? Agora, que é demasiado tarde, agora que levan dous anos sen dicir ren os sindicatos do que está a acontecer, dándolle o beneplácito a este goberno que só ten palabras, este goberno que non é capaz de xestionar. Que desilusión de goberno, que desilusión de sindicatos.

Si, sindicatos, os mesmos que ollan para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cumpren os horarios, que non se aboan as horas extras, que durante anos estiveron pagando de menos na paga de beneficios. Os mesmos sindicatos que olla para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cobren as baixas duren o que duren infrinxindo lei e convenio colectivo. E agora eses sindicatos queren folga xeral. Por que non se convocou antes?

Tan ben foron as cousas nestes últimos dous anos? Realmente, eses sindicatos buscan o mellor futuro dos traballadores ou o mellor futuro para eles mesmos?

E nós, traballador@s, calamos porque xa hai tempo que sabemos que por moito que berremos non se vai oí-la nosa voz. Quen, hoxe en día, se atreve a denunciar ante Inspección de Traballo á súa propia empresa? Quizais os que foron despedidos ou os que están a piques de prexubilarse. Pero, o resto debemos achantar, tan ávidos estamos de ter un emprego, de cobrar a fin de mes que a denuncia queda só nunha palabra nun diccionario sen que exploremos na vida real o seu significado. Resultamos patétic@s. E os sindicatos non axudan.

Agora, para min, non é o momento. Agora, non. Debeu ser moito antes.

Read Full Post »

Vertixe

Estou en repouso, nunha desas apariencias externas. No interno, nese interior agochado, nembargantes, hai vertixe. Teño o estómago encollido. O corpo, expectante. A mente agarda inda que non sabe ben que agarda. Hai tantas sensacións falsas ó longo da vida, que unha xa non sabe se cando sente vertixe é porque os arcanos están alineados coa Lúa ou coa nada.

Hoxe, se cadra, ten lugar un fito histórico. Se cadra, non. E todo ten que ver cunha pelota de fútbol, non a do Mundial, senón a dunha división máis baixa. Non vou cruza-los dedos pero teño curiosidade polo que vai decidi-lo destino esta tarde. De verdade quererá que ascenda á Segunda? Inda que perda, haberá outra oportunidade. E despois desa, outras.

Mellor, que non se postergue

Coruxo inicia o asalto definitivo á Segunda B

Read Full Post »