Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Abril 2010

Rendición

Hai case un día que xa non pendura da porta do armario. Levaba alí máis dun ano. Onte deille o finiquito. “E” dixo unha vez antes do brindis: “Polo primeiro día da nosa nova vida”. Moitos primeiros días pasaron dende entón. Agora as verbas de Malén resoan dende o pasado. “Entusiasmo; seguir batallando con el poder y el jefe de turno; no rendirse, porque ésta no es una profesión para conformistas”.

Eu non son conformista pero hoxe asino a miña rendición.

NEVER MORE

Read Full Post »

A frase do cazador

L: -Pois o xabarín debe ser un bicho moi difícil de cazar.

C: -Non máis cás mulleres.

L: -Pero as mulleres non son bichos.

C: -Algunhas si.

L: (Pensando)Algunhas.

Read Full Post »

Querido Furaco:

Pasaron horas dende o noso último encontro. Medio país estivo pendente de nós. Fixeron o posible e imposible para liarnos e conseguírono. Agora, nestes últimos días voltamos a se-los protagonistas dos medios. Víronme saír da cova, acordar do letargo. Saín, como se di na rúa, tan campante. E iso decepcionounos. Non está preñada, lamentaron. Eu non os acompaño no seu laio. Agora celebran connosco que xa tivemos dous encontros. Haberá máis? Agardo un si, se te portas ben.

Hai algúns que pensan que se me vai pasa-lo arroz. Que saberán eles da vida sexual das osas. Eu son unha chicarrona do norde. Son libre. Realmente, eles non entenden isto último. Chegaron a dicir de min que son “a osina inapetente”. Que terá que ver ser inapetente con non quedar preñada? Eu simplemente quero vivir a miña vida no monte, atoparme contigo cando me pete sen que ningún osiño estea a tirarme do pelexo. Alomenos, de momento.

Ti ben sabes que están errados. Lembras no último encontro? Díxenche con mágoa: “Elixiches mal”. E ti respondiches: “Elixín ben”. E despois… ai! Para que vou quedar preñada? Quizais así te alonxan de min, e non quero estar sen ti, por moi lonxe que nos separen. Eu o que quero é estar na miña cova, saír e atoparte na primavera. A primavera que este ano se resiste. Este país asturiano no que nos atopamos é tan chuvoso, tan… amoroso.

Como non son allea ás novas tecnoloxías, para este ano, conseguín un móbil. Para comunicarme contigo. No primeiro SMS escribín:

“Son Tola. Xa estou de volta. Cando nos despedimos (no outro inverno) non che dixen todo o que che tiña que dicir. 1. Gustaría terme quedado un anaco máis contigo a última vez (que copulamos, usemos termos científicos, xa que así é como se refiren a nós) pero tiña que marchar e síntoo. 2. Es un bo amante pero o mellor é tontear entre a herba, ollarnos ós ollos e despois do encontro sexual durmir pelexo con pelexo, abrazados”.

Ti respondiches vía SMS porque te negas a utilizar o móbil para falar. Faralo cando che pete. Home, non?

“Encantoume a túa compañía e parécesme unha osa interesante (segundo o que recordo do último inverno). Sinto tivera que ser todo tan rápido (os científicos non nos deixan nin en paz, nin en intimidade) e gustoume o tempo enteiro que estiven contigo, non só o momento cama. 1bc”.

Furaco, amor, sei que funcionamos aínda que ti sexas de fóra, aínda que os turistas e científicos nos atoxiguen. No caso de que este inverno (tras estes días de paixón) non nos reencontremos no amor carnal, eu xa son feliz con terte probado. Huuuummmmmm Ti segue a beber sidra asturiana, séntache tan ben, moito mellor cá limonada.

A túa amada, Tola

///// Esta é carta que, segundo Mar de Lempicka,  lle debería ter enviado Tola a Furaco, o seu amante. Deixémolos en paz, ó seu antollo, sen presionalos. E por que non? Por que non lle buscan outro oso máis a Tola? Ó mellor con dous alternando…

Furaco e Tola, na súa postura favorita.

Read Full Post »