Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2010

Rosa Díez, a descarada

Non ía adicarlle nin unha liña. Pero mudei de opinión. Vou ser breve porque non podo abusar da miña condición actual.

Asegura Rosa Díez que “Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo del término”. Que entende Rosa Díez por “pexorativo” en canto a ser galego? Debería aclaralo antes de voltar a pisar esta terra que non é a primeira vez que insulta.

Recoñezo a súa valía como eurodeputada anos atrás na defensa do sector pesqueiro pero agora dáme máis que noxo coas súas opinións. Pero iso xa é falar de política e este blog non se creou para iso. Hoxe imos falar de EDUCACIÓN e RESPETO. Xusto o que lle falta a esa señora porque se Zapatero podería ser “galego no sentido pexorativo do termo”, Rosa Díez é unha descarada no sentido literal da palabra.

Ademais deste post, mostrei a miña repulsa enviando un e-mail desde a páxina de Unión Progresista. Na parte de arriba, hai unha icona cunha arroba. Deixeille alí unha mensaxe con moita educación, toda a que a ela lle falta.

Read Full Post »

Cada 3 de febreiro o viño e os licores corren polas rúas de Benvibre. Non acado a comprender porqué un santo médico convida a tal bacanal. Será se cadra porque o alcool anestesia.

Mañá, hoxe, é o día grande (dende o mediodía ata que os riñóns, o fígado e o estómago aguanten) inda que levamos varios días erguendo a taza. Este ano o meu premio ó mellor furancho é para o de Chicha, xunto á Igrexa de Benvibre (Vigo). Comida e sidra da casa: lacón, zorza, xamón asado, chourizo e… biscoito con prezos ideais anticrise. Ah, se tes sorte, mesmo sopa con auga de cocido. Inimaxinable.

Chicha é desas mulleres curtidas polo tempo, pola historia e pola familia. Un sorriso de señora afeita a mandar na cociña e na casa, para quen nunca a porta debe estar pechada, para quen a festa manda. Mañá será o seu gran día aínda que o noso bandullo leva pensando nela dene hai tempo. Lémbrame á miña nai con esas verbas de dozura para os meniños, ese coida-los da casa por riba de todo aínda que ventee fóra e dentro. Gústame a visión que ten dos homes. “Sempre están cansos”, espeta co marido a dous metros. Que razón ten. Non hai nada máis que dicir contra a evidencia e a experiencia.

Sería pola sidra, sería polo licorcafé demos tres voltas ó ruedo entre risos e medios aplausos. Unha festa é unha festa mentras na cabeza resoan as gaitas, cunchas e tambores. Mágoa que o tempo sexa efémero e que mañá sexa outro día. Chicha forever.

Como na maior parte dos bos momentos da vida, non hai traza para a imaxe e a foto. Confiemos, pois na cabeza para a lembranza. Como souvenir, o recordo e unha chapa do porco-Che, a derradeira da tempada.

Read Full Post »