Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 8 Novembro 2009

Tocado, afundido

E os troianos e os procesos infecciosos…

viñéronme coñecer para arrebatarme o corazón de bytes, facerse coas imaxes dun fío e os números dunha vida. O meu cofre de tesouros sucumbiu ante o ataque e agora, a piques de entrar na enfermería, só podo dicir que o tesouro segue vivo. Pero está tocado e afundido ata que o remolcador o traslade ó hospital e a doutora o cure. Luns, martes…? Sen cita previa confirmada para a cura e mentres eu, aquí, de prestado, agochada entre columnas, pantallas e teclados para seguir dando sinais de vida neste Mar de Lempicka.

virus-pendrive

Read Full Post »