Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Setembro 2009

O silencio do ligoteo

A comunicación nas cidades faise cada vez de xeito diferente. Ata os graffiti ou intervencións na rúa serven para falar. En Vigo ultimamente, proliferan estas mensaxes nos pasos de peóns que axudan a que o cerebro non esqueza que debe pensar. “Podrán cortar todas las flores pero nunca acabarán con la primavera”, di.

sen título

Asevera o escritor e xornalista galego Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978) no seu libro A estación violenta que “fomos unha desas xeracións desposuídas romanticamente das esixencias da vida”. É dicir nós non tivemos que loitar tanto como os nosos antergos contra a vida mesma para vivir. Alo menos eu enténdoo así. Sen embargo, esa “vida doada” estase tornando contra nós no relativo ás relacións sociais e interpersoais. Xa non se liga como antes, non.

Hai uns meses, noutro blog do blogomillo galego (aínda que non estea en Blogaliza) -singlesvigo.blogspot.com- falabase do speed dating en vigo na crepería da rúa Real. Esta tarde, na clase de conversa de francés, entereime que o speed dating xa non está en boga. Agora, xa hai outra maneira de ligar máis do pincho como dirían os mariñeiros.

Achácaselle ao speed dating que é “forzado”, que non dá tempo de coñecer á outra persoa… O speed dating obriga a iniciar unha conversa cunha persoa en pouco máis de cinco minutos, sentando nunha mesa a unha rapaza e a un rapaz descoñecidos. O novo modelo de ligoteo aposta por todo o contrario: coñecerse sen falar. Leva o nome de “quiet party” -festa silenciosa- ou “silent dating” -cita silenciosa-.

No “quiet party”, os participantes non poden nin falar nin emitir sons. Para comunicarse, teñen que empregar a comunicación non verbal ou escribir. Eu quedo abraiada de como o ser humano reinventa as cousas. Ao chegar á casa, por suposto, busqueino na Wikipedia e alí conta que as “silent dating parties” naceron como eventos nos pubs co gallo de que os asistentes puidesen socializar. Os enxeñeiros de tan estrano invento foron dous artistas que no 2002 e en New York quedaron fartos de non poder falar entre sí nos clubs debido á música alta e o ruído das conversas. Para loitar contra o bruído, ocorréuselles comunicarse por papeliños. A cousa foi mudando ata convertirse nun novo modo de ligoteo. A arte e o silencio ó servizo de ligoteo. Haberá en Galicia algún lugar para experimentalo? Ligar non sei se se ligará, pero uns risos si que se botarían.

Read Full Post »

A song to say goodbye

Read Full Post »

Inxustiza

Estar de vacacións é o que ten que tes tempo para estar toda a mañá navegando por internet perdéndote no Facebook, o mesmo que durante o resto do ano case nin fas caso, lendo blogs e respondendo de continuo. E antes de pechar a pantalla, vin isto que deixo aquí. Cuba é un destino que queda pendente. Gustaríame coñecelo para entender porque ocorren cousas que fan a Juanes e a Bosé abrazarse e chorar xuntos porque as autoridades non fan máis que poñerlles barreiras para impedir o seu concerto na illa. Un concerto do que se leva falando semanas. Sigo sen entender que ten que ver a música non panfletaria coa rixidez dun goberno?

vwl-juanes-amenaz-con-suspender-el-conci-053fb81.html

Read Full Post »

Older Posts »