Tremo. Hai unha ameaza que nada ten de pantasma. Folga xeral, din. E eu pregunto, agora? Agora, que é demasiado tarde, agora que levan dous anos sen dicir ren os sindicatos do que está a acontecer, dándolle o beneplácito a este goberno que só ten palabras, este goberno que non é capaz de xestionar. Que desilusión de goberno, que desilusión de sindicatos.
Si, sindicatos, os mesmos que ollan para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cumpren os horarios, que non se aboan as horas extras, que durante anos estiveron pagando de menos na paga de beneficios. Os mesmos sindicatos que olla para outro lado cando lles dis que na túa empresa non se cobren as baixas duren o que duren infrinxindo lei e convenio colectivo. E agora eses sindicatos queren folga xeral. Por que non se convocou antes?
Tan ben foron as cousas nestes últimos dous anos? Realmente, eses sindicatos buscan o mellor futuro dos traballadores ou o mellor futuro para eles mesmos?
E nós, traballador@s, calamos porque xa hai tempo que sabemos que por moito que berremos non se vai oí-la nosa voz. Quen, hoxe en día, se atreve a denunciar ante Inspección de Traballo á súa propia empresa? Quizais os que foron despedidos ou os que están a piques de prexubilarse. Pero, o resto debemos achantar, tan ávidos estamos de ter un emprego, de cobrar a fin de mes que a denuncia queda só nunha palabra nun diccionario sen que exploremos na vida real o seu significado. Resultamos patétic@s. E os sindicatos non axudan.
Agora, para min, non é o momento. Agora, non. Debeu ser moito antes.



Terrific information I came across here. Thanks a ton for sharing.