Pois si, este blog de hoxe non vai ir de palabrería senón de feitos e… cartos. Os ricos sempre saben como rouba-los pobres.
Desde xaneiro deste ano, a compañía R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA vén cobrando de máis nas facturas a un gran número dos seus clientes. Amparándose en que? A empresa comunicou que en xaneiro de 2010 modificou as condicións contractuais. Serei máis concreta. Aqueles que contrataramos antes desa data o servizo de 500 minutos gratis ó mes a tódolos móbiles, tiñamos 500 minutos gratis. Sen embargo, dende xaneiro, a empresa decidiu -sen previa consulta ós clientes- que nos daría 300 gratis a móbiles sen importar a operadora e 300 gratis a móbiles R. Polo tanto, se superas os 300 minutos en chamadas a móbiles Vodafone, Movistar… a compañía cóbrache as chamadas que sobrepasen ese límite.
Chegados a este punto, non queda outra que consultalo coa empresa e a través do teléfono din que teñen todo o dereito de cambiar as condicións do contrato cando e como lles veña en gaña porque hai unha cláusula no contrato que o estipula así. Engaden tamén que se non estás de acordo… xa sabes. Agregan que enviaron un papel informando das novas tarifas e que tamén nos puxeron ó tanto na entrevista mensual que regalan. ¿¿¿¿????
O paso posterior leva un enderezo claro: Instituto Galego de Consumo (teléfono 900 231123). No organismo autonómico explican que os de “R” trabúcanse. Por riba da cláusula antes citada no contrato, existe unha lei que deixa claro que calquera empresa que queira modificar o contrato cunha parte deberá facerlle chegar a esta unha proposta de novo contrato.
O cliente poderá dicir si ou non á mesma. Se di si, como acepta as condicións, o contrato vello queda extinguido. Se di non, poden ocurrir dúas cousas. Primeira, pode abandona-la empresa sen perxuízo ningún. Segunda, pode seguir pero COAS CONDICIÓNS DO CONTRATO ANTERIOR.
Ante tal explicación, só xorde unha alternativa para facer vale-los dereitos, os poucos que como consumidores temos: Folla de reclamación e paciencia.
Venceremos




ola,
non sabía que se poidese un acoller ao contrato anterior se o modifican
visto así non poden as compañías de seguros de carros por exemplo subir as tarifas ou modificar as condicións? si poden claro, e se non estás de acordo podes darte de baixa sen penalización
eu era cliente de yoigo e marchei (levando o móbil de balde) cando deixaron de ofrecer chamadas a móbiles de yoigo de balde as 24 horas do día
R é unha empresa burocratizada e prepotente. Teñen todo subcontratado (como as demáis) e se perden nesa burocracia. Os que alí traballan descoñecen moitas cousas legais e ademáis tamén están queimados polos constantes trocos das condicións e xeito de traballar que impón a cableira (outra proba máis da burocracia e falta de coñecementos dos que mandan)