E debía ser así, con palabras, con silencios, cunha longa ausencia. Os sentimentos seguen o seu camiño pero a letra decidiu esbota-la tinta e de agora en diante o Mar de Lempicka permanecerá inmóbil, tranquilo, sosegado. A tempestade arreciará noutros lugares. Xa non, neste.
Non hai indicios de nada. A imaxinación correu diante durante un tempo da man da fantasía. Agora é o momento de abandoa-la nube. As cousas son como son. Non hai que lamenta-lo que non pasou se ti fixeches que non pasara. Para a próxima, a cuestión será a mesma: debe un equivocarse?
Publicado en eu | 2 Comentarios »
Estou en repouso, nunha desas apariencias externas. No interno, nese interior agochado, nembargantes, hai vertixe. Teño o estómago encollido. O corpo, expectante. A mente agarda inda que non sabe ben que agarda. Hai tantas sensacións falsas ó longo da vida, que unha xa non sabe se cando sente vertixe é porque os arcanos están alineados coa Lúa ou coa nada.
Hoxe, se cadra, ten lugar un fito histórico. Se cadra, non. E todo ten que ver cunha pelota de fútbol, non a do Mundial, senón a dunha división máis baixa. Non vou cruza-los dedos pero teño curiosidade polo que vai decidi-lo destino esta tarde. De verdade quererá que ascenda á Segunda? Inda que perda, haberá outra oportunidade. E despois desa, outras.
Mellor, que non se postergue
Publicado en eu | Deixar un comentario »
Non podo conte-la estrano rebumbio interno que sinto. Escoito os primeiros acordes das súas cancións, non importa cal sexa, e comezo a experimentar un movemento entre os pulmóns, o estómago… como se os órgaos se puxesen a danzar ó son do seu piano. Se a catarse é inevitable só co piano, xa non ten nome cando a Wim Mertens o acompaña un quinteto de corda como o de onte en Vigo. Contrabaixo, chelo, viola e dous violíns.
Sobre todo ela, a violista sen nome. Non fun quen de escoitarllo da boca de Mertens. Pero ela demostrou que non só hai que interpreta-la música senón que hai que sentila, exteriorizala, acompañala con movementos de brazo e pernas, minúsculos, calculados, pero con signficado.
A música do belga Wim Mertens -embaixador cultural de Flandres- ten esa capacidade de levarte ó ceo. Para min, non foi difícil onte no terceiro anfiteatro do Teatro Caixanova. Nin sequera en avión me sinto tan preto de convertirme nun ser celestial que olla para baixo sen altivez, senón cun sorriso semellante ó do profeta Daniel no Pórtico da Gloria.
Ora no ceo ora bordeando a costa… melodías para viaxar dende a butaca, para sentir como nunca que formas parte dunha película e da súa banda sonora aínda que os títulos de crédito nunca vaian incluí-lo teu nome.
Foi, o de onte, un concerto tardío, comezou ás 22.30 horas que se prolongou ata antes das 00.15 horas, cun descanso de 15 minutos incluido. Ó remate do mesmo, ovación no teatro con pataleo incluido para pedir uns bises que non chegaron. Había queixas entre o público porque Mertens non voltara a saír. Pero eu, no meu foro interno, sei que o compositor daría o que fose por retornar ó escenario. O obstáculo que o freou, creo, as normas impositivas de Caixanova de non alonga-los seus actos máis alá das 00.00 horas, sen importarlle quen sexa o artista que deleita o seu público.
Non sería a primeira vez que dende Caixanova obrigan a acurtar un concerto por cuestións horarias. É o que ten esta cidade sen auditorio “público” propio.
“Struggle for pleasure”, Wim Mertens
**Na lembranza de Diálogos 3
Publicado en Música | Deixar un comentario »
É tarde, ben sei que de seguro ninguén lerá isto. Pero, “por si acaso”… está é a miña proposta para esta noite para quen queira ir durmir un pouco máis tarde.
Os vigueses Bruno e Yago -Milknaut- tocan esta noite na Fábrica de Chocolate. Pop electrónico? As etiquetas non deberían de existir, poden inducir a un erro.
Estiveron no top ten da Mondo Sonoro e hoxe, ó fin, presentan a súa maqueta na Fábrica trala gravación do disco meses atrás. Por cinco euros, podes velos na Fabrica de chocolate, Vigo, a partir das 22.30 horas con Linda Guindala.Cinco euros a entrada para unha viaxe a unha música diferente.
ÇDe tódalas cancións, quédome con “Stay in my world”. Hoxe entónoa ó ritmo de Requiem pola persoa que encheu de sorriso a noite previa ás Letras e que deixei no camiño, creo, que por erro. Anticípome demasiado á vida…
Publicado en Música | Deixar un comentario »
Non estou perdida.
Simplemente, atópome nunha espiral.
Podo dicir que estou mareada de tanta volta…
pero a realidade é que sen os xiros xa non vivo.
Sen vós, eu non sería eu.
Sobrevivirei
Publicado en eu | Deixar un comentario »




